Home / Series / Augasquentes / Aired Order /

All Seasons

Season 1

  • S01E01 Capítulo 1

    • October 6, 2016
    • Televisión de Galicia

    Tras a morte da súa tía, a xuíza Ana Ledo regresa, despois de 20 anos, á aldea que a viu medrar, Augasquentes. Na metade dunha crise profesional, aceptar a praza de xuíza da pequena localidade convértese na única posibilidade de continuar exercendo a súa profesión. Cun inquebrantable sentido da xustiza, Ana Ledo non deixará indiferente a ninguén en Augasquentes, aínda que para iso terá que enfrontarse aos casos xudiciais máis tolos e mesmo aos seus propios veciños.

  • S01E02 Capítulo 2

    • October 13, 2016
    • Televisión de Galicia

    A protagonista da serie está disposta a seguir exercendo como xuíza polo que solicita a praza vacante do xuíz Blanco, algo que ao maxistrado emérito non lle vai facer gracia ningunha. Coa axuda de Telmo Blanco, intentará por todos os medios que Ana Ledo non quede na súa praza e sexa outra xuíza a titular de Augasquentes. Por outro lado, a vila recibe unha triste noticia. Olegario morreu en estrañas circunstancias, feito que provoca un terrible desgusto aos veciños de Augasquentes e no que o principal sospeitoso da morte será Fran Burato.

  • S01E03 Capítulo 3

    • October 20, 2016
    • Televisión de Galicia

    A vila celebra unha nova edición do tradicional concurso Miss Augasquentes. Coma en todo concurso, a rivalidade estará servida entre as guapas da vila. Por un lado, Elisa, que se presenta pola súa nai, xa que Consuelo no seu día levou a banda de Miss Augasquentes, e por outro está Chari (Eva Iglesias) que ten case asegurado o voto masculino da vila, incluído o de Xoel, algo que lle ocasionará ao rapaz máis dun desgusto coa súa moza. E se a beleza e a rivalidade están aseguradas, o que tamén está asegurado é un novo caso de investigación, que nesta ocasión estará relacionado coa celebración do concurso e en que Fran Burato volve a ser o principal sospeitoso.

  • S01E04 Capítulo 4

    • October 27, 2016
    • Televisión de Galicia

    Ana Ledo coñece a Adelaida (Susana Dans), a alcaldesa consorte da vila. Unha alcaldesa moi particular que tamén aplica a normativa do concello dun xeito moi particular. Na vida familiar, a xuíza intenta afacerse á súa nova vida, pero a súa familia non vai ao mesmo ritmo. O seu home, Roberto, cada vez ten máis traballo na cidade e pasa pouco tempo con eles e Iria, a filla adolescente, non acaba de encaixar ben de todo que a súa nai decidira quedar a vivir alí sen importarlle a vida que a rapaza tiña na cidade.

  • S01E05 Capítulo 5

    • November 3, 2016
    • Televisión de Galicia

    Despois de descubrir o engano do seu home, Ana Ledo intenta repoñerse. Custaralle un pouco, xa que Rober está intentado por todos os medios recuperar a súa familia. Este pequeno contratempo emocional na vida de Ana será a xogada perfecta para que o xubilado xuíz Blanco tome as rendas do xulgado e volva exercer, por un momento, a xustiza e así facerlle un pouco máis complicada a vida de Ana na vila.

  • S01E06 Capítulo 6

    • November 10, 2016
    • Televisión de Galicia

    Pola súa parte, Adelaida, a alcaldesa consorte, volve á carga. Nesta ocasión, a súa vítima será Fran Burato, ao que acusará de exhibicionismo. No transcurso desta denuncia, descóbrese tamén que as pinturas rupestres que hai na vila son falsas e que, supostamente, son obra do artista de Augasquentes.

  • S01E07 Capítulo 7

    • November 17, 2016
    • Televisión de Galicia

    A vila enteira sabe que Ana Ledo se bicou con Xoel. Elisa anda que rabia, así que maquina un plan para que o seu mozo non se lle vaia das mans e acelera todo para casar con el. Pero o mozo non pode quitar da cabeza ese bico con Ana, que tanto esperou desde a facultade. Ana non quere darlle máis importancia ao bico e desexa seguir coa súa vida e continuar impartindo xustiza na vila. Pero este feito valeralle a algún dos seus inimigos para desacreditala e que por fin se vaia. Será Elisa, que non soporta que a xuíza lle arrebate o seu mozo? Ou pola contra, será Blanco o que a ameaza para que deixe o xulgado e Augasquentes?

  • S01E08 Capítulo 8

    • November 24, 2016
    • Televisión de Galicia

    Chega en “Augasquentes” o momento de celebrar as festas, pero nesta vila nunca pode haber un día de tranquilidade, nin sequera nas festas. Un apagón, o regreso da antiga orquestra Manakel e o empeño de Blanco e Telmo porque Ana marche serán os ingredientes principais da entrega desta noite da serie. A vila celebra as festas patronais e este ano terán un pregoeiro de excepción, ademais de contar coa actuación do grupo Os Xurídicos, unha nova formación integrada polos compoñentes da orquestra que tantas dores de cabeza lle deu a Ana. Ata aí todo normal, pero un apagamento o primeiro día estragará a festividade. Apagamento ou sabotaxe? Telmo terá que abrir unha nova investigación porque as cousas que non lle cadran. Mentres Augasquentes queda esa noite sen festas, os veciños non deixan de facer das súas. Un xulgado ás escuras será o escenario para unha noite longa e de tramas. Por un lado, é a ocasión perfecta para Blanco de urdir un novo plan para que a xuíza marche definitivamente e, por outro, Chari non atopará mellor momento para que ela e Xoel poidan estar xuntos. Outras tramas que poderán ver os espectadores da Televisión de Galicia no capítulo deste xoves terán que ver coa rivalidade entre Xoel e Rober polo amor de Ana, unha disputa que os levará a participar nunha carreira de tacóns, ou a decisión de Plácida e Ramiro de dar en adopción a Ramoncín e Rihana ante o posible embarazo de Plácida.

  • S01E09 Capítulo 9

    • December 1, 2016
    • Televisión de Galicia

    O que amence coma un día normal en Augasquentes vai converterse nun caos coa chegada dun paquete ao xulgado. Nun principio, aquilo semella un envío normal, pero a cousa complícase cando todo parece indicar que se trata dun paquete bomba. Isto obrigará a todos os que nese momento están no xulgado a permanecer no edificio e, o que é máis preocupante, a tomar decisións en conxunto para negociar cos supostos terroristas que envían o paquete. A situación será tan grave que mesmo o xuíz Blanco terá que colaborar con Ana. Onofre axudará a xuíza a revisar antigas denuncias por se descobren algún sospeitoso ou inimigo que os queira ameazar.

  • S01E10 Capítulo 10

    • December 8, 2016
    • Televisión de Galicia

    Na vila de “Augasquentes” non hai un día de tranquilidade. A Frotis, un dos locais máis queridos e concorridos pola xente da vila, corre perigo de pechar para sempre. Todo empeza cun fortuíto incendio por causa dun churrasco e dunha denuncia teoricamente anónima, que lle virá moi ben a alguén. Mentres os veciños se preocupan polo peche do mesón/discoteca e se manifestan para impedilo, dúas persoas parecen alleas ao problema: Ana e mais Consuelo. Non é só que, agora, ademais de primas sexan amigas, senón que hai algo que as une: o amor. Por un lado, Ana parece decidida a emprender unha relación con Xoel, aínda que sempre que intentan estar xuntos hai algo que o impide. Polo outro, a Consuelo, despois de tantos anos de viúva, parece que a ronda un pretendente. Que lle espera ao conquistador? Unha de cal e outra de area. Mentres, Brais recibe unha carta que o preocupa e que o levará a argallar toda unha trama para que Telmo o peche no calabozo.

  • S01E11 Capítulo 11

    • December 15, 2016
    • Televisión de Galicia

    Esta noite aparecerá na vila un súper heroe, o capitán Augasquentes, que intentará impartir xustiza e parar unha vaga de roubos nos establecementos da vila e rematar así co caos e cos enredos que reinan no lugar. Todos os estarán encantados de que alguén os protexa, todos agás Ana, que comeza a indagar pola súa conta acerca da identidade do xusticeiro que quere tomar a xustiza pola súa man. Durante a investigación, a xuíza descubrirá un segredo dun dos veciños de Augasquentes que a deixará de pedra.

  • S01E12 Capítulo 12

    • January 10, 2017
    • Televisión de Galicia

    A vila resulta escollida para a rodaxe dun filme. Un director de cine, un galán de telenovelas e a súa parella na ficción elixirán Augasquentes para gravar a súa nova película, un acontecemento que revolucionará a todos os veciños. Todos eles devecen por seren actores e actrices e seren escollidos para saír na película. Algúns terán esa sorte e outros non, pero todos intentarán buscar un oco para acadar o seu momento de gloria.

  • S01E13 Capítulo 13

    • January 17, 2017
    • Televisión de Galicia

    Rober e Elisa mostraranse dispostos a recuperar o amor das súas parellas. Para iso recorrerán de novo ao asesoramento e servizos de Saturna, a vidente da vila, que ten a fórmula secreta para que poidan volver estar coas súas parellas, unha apócema que fará estragos na vila. Mentres, no xulgado, Blanco xa non sabe que idear para acabar coa paciencia de Ana. Nesta ocasión, instará os funcionarios a poñerse de folga.

  • S01E14 Capítulo 14

    • January 24, 2017
    • Televisión de Galicia

    O xuíz Blanco está máis arisco do habitual, e é que desde que viu a Consuelo e Telmo xuntos no bar, o maxistrado non parece o mesmo. O mal carácter de Blanco terá preocupados os seus compañeiros, e o seu amigo Telmo decide convocar unha reunión extraordinaria para solucionar o asunto. Nela chégase á conclusión de que o problema é Ana Ledo e, polo tanto, deciden quitar do medio a xuíza e darlle un bo susto para que Blanco volva ser coma antes.

  • S01E15 Capítulo 15

    • January 31, 2017
    • Televisión de Galicia

    Ana recibe unha chamada ofrecéndolle un posto na cidade e, pola súa banda, Ramiro cre que Plácida lle está sendo infiel. Por outro lado, Burato terá que vivir con Quique, e o avogado comeza a desconfiar da fidelidade da súa ex-parella. Ademais, a familia de Ana é secuestrada por Bolbo, un atracador de bancos moi perigoso a quen a xuíza condenou dúas veces.