Todo o mundo en Louredo se pregunta quen podería ser un heroe de verdade, e claro, a ninguén se lle ocorre pensar en Urbano, porque precisamente este axente municipal, ás ordes de Delmiro, está pasando por un dos peores momentos da súa vida profesional, cando, precisamente por decisión do alcalde, ten que enfrontarse ao difícil exame de selección para conseguir unha praza de policía no concello. Este grao de inseguridade tamén o vai padecer outro dos protagonistas de hoxe, don Crisanto, cando chega o valioso cáliz cedido polo bispado e teme que a vila non sexa o lugar axeitado para custodiar unha xoia tan prezada. Os azares da vida van permitir que Urbano, pese a todos os prognósticos, se converta en todo un heroe, e non porque teña unha memoria numérica excepcional, que a ten; grazas aos sabios consellos de Miñato, o pesar del, poderá amosar a súa valentía cando salva a D.Crisanto despois de enfrontarse aos ladróns que entraron na igrexa para roubarlle o cáliz. O que vai pasar logo é que a realidade do acontecido vai ser lixeiramente transformada pola reconstrución dos feitos..