Home / Series / A miña familia pola túa / Aired Order / Season 1 / Episode 2

Programa 2: Esther e Vanessa

Esther é unha nai surfista e moi ecoloxista, preocúpase por transmitir a súa preocupación polo medio ambiente aos seus fillos e educalos en valores como a reciclaxe, a recuperación e a reutilización dos produtos. A súa filosofía pasa por eliminar os plásticos da vida cotiá, o cero consumismo e o aproveitamento dos recursos. As actividades de ocio preferidas pola familia baséanse no amor pola natureza, o mar e a montaña, practican xuntos surf e escalada, acampan cos seus fillos as fins de semana viaxando na furgoneta familiar en que se aloxan. Como se desenvolverá nunha familia que considera que o cambio climático é unha farsa? Será capaz de cambiar os seus hábitos? Abandonará a casa desesperada aos tres días? Vanessa é unha nai con moito encanto, preocupada pola súa imaxe debido ao seu traballo como cantante no dúo musical Carpe Diem que forma xunto co seu marido. É unha nai consumista: os seus armarios están repletos de abelorios, plumas e zapatos de tacóns altos, imprescindibles nos seus espectáculos de verbena popular, o seu frigorífico cheo de produtos envasados en plásticos e a súa casa, conta cun televisor en cada unha das estancias. Con respecto aos ecoloxistas, Vanessa opina que non vai solucionar os problemas do planeta e, por comodidade doméstica, a reciclaxe non se contempla. Será capaz de vivir unha semana baixo as normas dos que ela define como perroflautas? Como superará o reto de durmir ao aire libre nunha praia, facer surf e converter unha furgoneta no seu fogar? Que ocorrerá cando estas nais impoñan as súas propias normas? Adaptaranse as familias a vivir baixo unhas regras que son totalmente contrarias ás súas?

galego
  • Originally Aired January 29, 2020
  • Runtime 90 minutes
  • Created December 8, 2020 by
    Administrator admin
  • Modified December 8, 2020 by
    Administrator admin