Home / Series / Saudade de ti / Aired Order / Season 1 / Episode 41

41

Celia e Raúl están cheos de dúbidas. O amor entre eles é inesquecible, pero se Mónica e Noa se decatasen do que sucede as súas vidas derrubaríanse por completo... e a Noa dáselle moi ben escoitar conversas alleas. A relación de súa nai con Raúl non é o único que ten a rapaza na cabeza. Chegou o resultado do seu traslado de expediente e non é nada bo. Noa terá que buscar alternativas antes de que Celia o saiba. En Caldeirada de Abrente xorden os primeiros problemas e a única que os pode solucionar é Teresa, a pesar de que a muller ten outros asuntos que atender. Santi non está disposto a seguir adiante coa compra do piso, aínda que se cadra xa é demasiado tarde para botarse atrás.

galego
  • Originally Aired August 24, 2022
  • Runtime 33 minutes
  • Content Rating Spain A
  • Created August 24, 2022 by
    olaya
  • Modified August 24, 2022 by
    olaya