Home / Series / Saudade de ti / Aired Order / Season 2 / Episode 66

66

Sen poder contar co apoio nin co afecto de Raúl, Celia confésase con Santi sobre a tormentosa relación que mantivo con Garay. Primeiro foron amantes e despois Celia viuse obrigada a denuncialo pola neglixencia médica que cometeu coa paciente Leire Uribe. Garay acabou no cárcere, pero prometeu vingarse dela e agora está en Abrente. Dimas descobre que o verdadeiro motivo polo que Elba quere ir ao Uruguai é para ver a Lucho, de quen segue namorada. Para evitar un romance entre o prometido da defunta Uxía e a súa outra filla, Dimas trata de sabotar a viaxe de Elba.

galego
  • Originally Aired June 25, 2023
  • Runtime 35 minutes
  • Created June 25, 2023 by
    olaya
  • Modified June 25, 2023 by
    olaya