Por fin, Santo Antonio de Louredo recibirá o bispo en visita oficial. O xefe de Horacio Casares e de don Crisanto recibirá unha benvida ao máis puro estilo da afamada localidade. Os veciños prepáranse para o evento. Uns a favor e outros en contra da visita, todos se empregan a fondo para facer deste día "unha data inesquecible". A visita do prelado prodúcese nun momento clave para a vida política do municipio. Aproxímanse as eleccións e Josito decátase de que Delmiro non cumpriu con ningunha das propostas feitas na campaña anterior, polo que a tensión no Concello pódese cortar cun coitelo... pero ao alcalde ocórreselle unha solución para cumprir polo menos cunha das súas promesas: construír un polideportivo. Mentres, Delmiro e Josito elaboran polo miúdo unha campaña particular e descobren a necesidade de pactar coa igrexa.